4/05/2024

COCIÑAMOS CON OVOS

 Antes das vacacións de Semana Santa tocounos coidar durante unha semana as galiñas que temos na horta. Cos ovos que apañamos cociñamos unhas tortillas francesas. 

1º Comprobamos coa proba FLOTA / AFUNDE se os ovos estaban en boas condicións para consumir.

2º Cada quen batiu o seu ovo e engadiulle os ingredientes extras que quixeron: atún, tomatiños, queixo, xamón ou chourizo. 


3º A profe fritiu as tortillas na tixola.


4º Despois de papar tocou fregar.


Ningún comentario:

Publicar un comentario